
-
Primeiro paso: Para utilizar a aplicación informática destes complementos retributivos ten
que rexistrarse
como usuario da plataforma. Se
xa empregou a plataforma o seu nome de usuario e clave de acceso son
os mesmos que utilizou nesa ocasión. De non ser así, siga
o enlace "Rexistrarse" da páxina principal. Aparecerá un
formulario que terá que cubrir e despois terá que premer en
"Rexistrarse”
para que o sistema lle envíe un correo electrónico, ao enderezo
que vostede indique, co seu
nome de usuario e
clave
de acceso.
-
Esquecín
a miña clave de acceso, ¿que podo facer?Na
páxina principal da aplicación, debe premer no enlace "¿Esqueceu
a clave?",
cubra o formulario no que se lle pide o seu nome de usuario e prema
o botón "Obter
unha nova clave".Recibirá un correo electrónico, cunha nova clave de acceso. Se non
lembra o usuario ou o seu correo-e non está correcto, siga as
instrucións sinaladas.
-
A
clave de acceso é moi difícil de lembrar.
Pode
vostede cambiar a clave de acceso por unha que vostede desexe,
elexindo do menú interno na súa esquerda , "Modificar
clave".
-
Quero
solicitar o Complemento á excelencia curricular, ¿como procedo?
Debe
entrar na plataforma co seu nome de usuario e clave de acceso. Verá
un menú na esquerda. O primeiro que debe facer é incorporar os
seus datos persoais seguindo a opción do menú "Datos
xerais->Datos persoais".
A continuación introducirá os datos dos méritos suxeitos á
avaliación: empezando pola avaliación básica: prema
"Solicitudes->Complemento
excelencia->Avaliación básica". Neste
apartado poderá introducir os datos referidos aos tramos de
quinquenios e sexenios que vostede teña. A continuación, se desexa
introducir os méritos da avaliación adicional, prema en
"Solicitudes->Complemento
excelencia->Avaliación adicional"
onde poderá ir introducindo os méritos docentes por un lado e os
de investigación polo outro. Cando remate de cubrir todos os datos,
siga o menú "Solicitudes->Complemento
excelencia->Xerar instancia”. Visualizará
un resumo con todos os datos gardados no sistema. Dende aquí poderá
modificar aquilo que precise mais, en caso contrario, poderá xerar
a instancia
O que se crean son uns documentos en PDF (modelo de instancia
Anexo
III
e o documento cos méritos adicionais, en caso de solicitalos, Anexo
IV).
Estes documentos, dirixiranse á Axencia para a
Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) e deberán presentarse na sede electrónica da Xunta de Galicia
con domicilio https://sede.xunta.es.
No caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención de los formularios na sede electrónica, poderán dirixirse ao teléfono de información 012 ou correo electrónico 012@xunta.gal.
-
Quero
solicitar o Complemento polos cargos de xestión, ¿como procedo?
Debe
entrar na plataforma co seu nome de usuario e clave de acceso. Verá
un menú na esquerda. O primeiro que debe facer é debe premer en
"Datos
xerais->Datos persoais" e
cubrir ou actualizar os datos alí expostos.
A
lista de cargos desempeñados, ten que introducila seguindo o menú
"Solicitudes->Complemento
xestión->Cubrir instancia".
Para poder engadilos deberá seleccionar da lista
despregábel :
incorporación
de cargos non certificados
aqueles cargos que vostede queira presentar a avaliación e, ou xa
están recoñecidos pola CGIACA co cal só debe seleccionalo, ou de
ser diferente, seleccionará Outro
como
opción no final da listaxe.
Deberá
cubrir os campos que correspondan para cada un dos cargos que sexan
introducidos
na plataforma.Cando remate de cubrir todos os datos, siga o menú
"Solicitudes->Complemento
xestión->Xerar instancia".
Visualizará un resumo con todos os datos gardados no sistema. Dende
aquí poderá modificar aquilo que precise mais, en caso contrario,
poderá xerar
a instancia.
O que que se crean son uns documentos en PDF (modelo de instancia
Anexo
II
e o documento cos cargos presentados a avaliación Anexo
III).
Estes documentos, dirixiranse á Axencia para a
Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) e deberán presentarse na sede electrónica da Xunta de Galicia con domicilio https://sede.xunta.es
-
¿Como
se xunta un ficheiro? Como
poderá comprobar, a plataforma dálle a opción de xuntar
documentación en varios sitios. Seguindo o botón "Examinar",
busque o arquivo que quere xuntar, seleccióneo e acepte. Verá a
ruta do ficheiro no campo de texto. Lembre que o arquivo en ningún caso poderá ter un tamaño superior a 4 MB.
©ACSUG :: Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

Server is housing at Cesga